Maximizar Ventana Minimizar/Cerrar Ventana

Casdenodres, lugar onde nacimos ou onde nosos pais naceron, lugar onde viviron lugar onde aprendimos a convivir, pero, ¿qué sabemos da nosa historia?, ¿qué sabemos dos primeiros poboadores da nosa zoa?. Desgraciadamente sabemos pouco, soamente o que xeración tras xeración contábase o carón da lareira, as historias familiares que non é mais que a historia do noso pobo a historia de nós mesmos. Cabe decir que esta historia entrelázase co noso entorno co noso concello e cos concellos limítrofes a nós no que o paso do tempo cada vila cada persoa contribúe a saber o que hoxe en día somos. Moitas veces preguntámonos ¿quen foi o primeiro que habitou o noso pobo?; e sabido que vivimos nunha terra de cultura castrexa e cada vez e mais demostrado que esta cultura tiña relazón cos pobos celtas e estamos encravados nunha zoa onde houbo moitos asentamentos celtas.

Hoxe en día pertencemos a comarca de Valdeorras pero cabe decir que nun antergo non foi así, O Bolo concello pertencente tamén hoxe en día a Valdeorras foi partido xudicial propio no que noso concello estivo moi ligado historicamente. Pois ben, sábese quen foron os primeiros poboadores da nosa zoa: en Valdeorras mais exactamente nas zoas do Barco e de Petín os primeiros poboadores foron os “Guigurri” e os “Calubriguenses”, mais ben os nosos primeiros poboadores os primeiros que chegaron o noso concello ten mais relazón cos primeiros poboadores dos concellos de O Bolo e de Viana do Bolo e por conseguinte tamén serán os primeiros poboadores do noso concello e en particular do noso pobo. Este pobo castrexo e de orixe celta, xa que seu nome provén da etimoloxía celta, son os “Nemetas” cuia capital estaría sitiada en Volobriga o que actualmente é a vila de O Bolo.

Hoxe en día desgraciadamente non temos case evidencia histórica e restos que nos permitan coñecer mellor a estos asentamentos primarios mais cabe decir que no noso concello o legado arqueolóxico mais importante coñecido que temos hoxe en dia esta sitiado no veciño pobo de Ponte onde existen gravados celtas na casa de “Os Vaqueiros” cabe supoñer que terían relazón cos “Nemetas”; inda así podemos afirmar que debaixo das nosas terras e nosas casas hai un sinfín de restos arqueolóxicos que moito nos axudaría a saber un pouco mais sobre eses primeiros homes que ocuparon os noso pobo.

A partir de eiquí produciríanse acontecementos históricos ata os nosos días que tamén afectarían o noso pobo e o noso contorno nos que cabe salientar a romanización, a época feudal, os distintos reinados da peninsula ibérica cos seus consecuentes cambios de nobleza ,de señoríos... .O noso concello tería unha intensa actividade política e económica entre os séculos XVI e XIX, tería unha gran importancia a “Revolta Irmandiña” na nosa terra así coma a expulsión das tropas francesas de Napoleón a entrada de Valdeorras. Cabe sinalar que o noso concello ata o seculo XIX era un dos mais poboados de toda provincia de Ourense e dende o século XVIII pertencentes a xurisdicción de “Realengo” de O Bolo e dependentes directamente da Coroa mentres Valdeorras sería de xurisdicción “Señorial”.

Moitos foron os acontecementos que se produciron o largo da historia do noso pobo e do seu contorno, eiquí fixemos só un breve recorrido dos acontecementos mais relevantes que lle ocorreron os nosos antergos facéndonos hincapé sobre todo nas nosas orixes como pobo porque como dí o proverbio “O universo está feito de Historia, non de átomos”. (Grazas a Bruno polo texto)

Para Contactar con www.casdenodres.com :